Benvid@s ao noso PDI: Chancelas Informa!

Neste curso 2021-2022 saturados polo tsunami de noticias e información que nos chega por diversas canles, decidimos ser nós quenes deamos as novas. Polo que nos achegamos co noso PDI aos medios de comunicación. Novas divertidas, da nosa contorna, do noso interese, pero tamén veraces e auténticas, do noso día a día, a través das... Continue Reading →

Featured post

A clase de 5º en Radio Chancelas

Así é, no segundo trimestre a clase de 5º pasou pola radio. E vaia si o aproveitou: obradoiros, clase de música, recomendacións lectoras, entrevistas a escritores... Fixeron un pouco de todo, incluso entrevistaron a un finado. Non vos podedes perder nin un só destes fantásticos traballos. Amy Beach Ir a descargar Recomendación lectora de "A... Continue Reading →

As novas contadas polos/as de 2º

A clase de 2º participou este segundo trimestre na TV facendo distintos programas. Este é un telexornal moi especial. Os nenos e as nenas pequenos coñecen as novas que están de actualidade, aínda que non sempre ven a realidade igual que os maiores, así que viñeron a Rabi TV a contarnos como ven eles e... Continue Reading →

A clase de 3 anos conta: A sementeira

Neste segundo trimestre a clase de 3 anos estivo moi atarefada, despois dunha adaptación marabillosa tocoulle poñerse a traballar na horta e tamén na radio escolar. Xa podedes ver nas fotos que son xente ben disposta e así o demostraron neste divertido programa non que xunto coa súa titora Rosi, deron boa conta de como... Continue Reading →

Contos polo Nadal: 4ºA o Crebanoces

Os nosos Contos polo Nadal son do máis variado, e así nolo demostraron na clase de 4ºA que fixeron o crebanoces en Kamishibai, pero tamén para Rabi TV coas súas propias ilustracións e tamén coas súas narracións gravadas en Radio Chancelas. Quedoulles de marabilla e se non o credes mirade o video ou escoitade o... Continue Reading →

As crónicas dos 4 anos

O alumnado de 5º de Infantil colleulle gusto a eso da radio e convertíronse en cronistas de Chancelas. O magosto, castañas e choripáns, os novos xogos do patio, viaxes a sitios especiais e fermosos, como o amor de papá non hai ningún, a extracción de sangue e por fin chega o nadal! Non hai como... Continue Reading →

Contos polo Nadal: O Galo traganoces (6ºEI)

En Chancelas temos unha fermosa tradición polo Nadal, unha clase encárgase de contarlle un conto a outra, por distintos medios, simplemente léndollo, cun kamishibai, interpretándoa en video, con música... ou como no caso do alumnado de 5 anos a través da televisión. Animáronse moito e fixeron as súas propias ilustracións e coa axuda da súa... Continue Reading →

Animais extintos: 3º de Primaria

Animais extintos é unha serie de divulgación científica levada a cabo pola clase de 3º de Primaria. Aproveitando as exposicións orais da aula, fixeron unha serie de 20 capítulos no que fan un bo percorrido por algúns animais que desgraciadamente xa está extintos. Cada alumno/a explica diversas características e detalles moi interesantes destes animais. Súper... Continue Reading →

Telexornais de 6º de Primaria

O alumnado de 6º de Primaria preparou uns telexornais que combinaban información do colexio, da actualidade social e tamén de interese propia do alumnado. Noticias como o volcán da Palma, o Covid, as actividades extraescolares, series como "O xogo da lura" ou videoxogos como o Fornite completaron estes traballos tan interesantes e novidosos para a... Continue Reading →

Samaín nas casas: clase de sexto

Na clase de sexto querían saber se o Samaín xa existía de antes e que facían nas casas as familias. Elas e eles fixeron gravacións aos seus familiares maiores, avós, avoas, incluso bisavoas... para saber como se pasaban esas datas. Gravaron as entrevistas incluso mediante chamadas ou videochamadas e este foi o incrible resultado dese... Continue Reading →

Esta web funciona gracias a WordPress.com.

Subir ↑

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar